Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1291/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1291/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1291/2009, sendo demandante Juan Antonio Paz Mariñas, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Electricidad Mayfra, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Juan Antonio Paz Mariñas contra Eletricidad Mayfra, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Juan Antonio Paz Mariñas a cantidade de 3.496,68 euros que debe, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Electricidad Mayfra, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial