Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1348/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1348/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1348/2009, sendo demandantes José Antonio Barral González, Bieito Pasantes Touriñán, Julio Alberto Otero Franco e Alberto Sánchez Rivas, representados polo letrado Sr. Aguiar Boudín, e demandada a empresa Instalaciones Miño, S.L., e foi citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Antonio Barral González, de Bieito Pasantes Touriñán, de Julio Alberto Otero Franco e de Alberto Sánchez Rivas contra a empresa Instalaciones Miño, S.L., e en consecuencia, condeno a esta última a aboar a José Antonio Barral González a cantidade de 9.498,38 euros, a Bieito Pasantes Touriñán a suma de 1.975,89 euros, a Julio Alberto Otero Franco a cifra de 4.978,51 euros e, finalmente, a Alberto Sánchez Rivas o montante de 3.596,87 euros que deben, cantidades, estas, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10% respecto dos conceptos de carácter salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que lle sirva de notificación a Instalaciones Miño, S.L, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial