Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (35/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 35/2010 se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 35/2010, sendo demandante María Elisa García Capelo, representada polo letrado Sr. Raña Vales, e demandadas as empresas Tenascar, S.L. e Glencare, S.A., coa representación da letrada Sra. Costoya Novo.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Elisa García Capelo contra Glencare, S.A. e contra Tenascar, S.L., e, en consecuencia, condeno a estas últimas a aboar solidariamente a María Elisa García Capelo a cantidade de 2.705,21 euros, e á empresa Tenascar, S.L. a aboar a esta a cantidade de 671,74 euros que lle deben, cantidades estas que deberán incrementarse co xuro de demora do 10%.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Tenascar, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial da Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial