Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 988/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 988/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o 9 de marzo de 2012. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 609/2011 seguidos por instancia de María Dolores Pérez Seedor, representada pola letrada Sra. de la Iglesia Aza contra a empresa Cespa, S.A., que non comparece, contra a empresa Nervión Montajes y Mantenimiento, que comparece representada polo letrado Sr. Laso González, e contra a empresa Danigal, S.A., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de dereito e cantidade.

Decido que, desestimando integramente a demanda formulada por María Dolores Pérez Seedor, representada pola letrada Sra. de la Iglesia Aza, contra a empresa Cespa, S.A., que non comparece, contra a empresa Nervión Montajes y Mantenimiento, que comparece representada polo letrado Sr. Laso González e contra a empresa Danigal, S.A., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo absolver e absolvo as empresas codemandadas de todos os pedimentos da demanda contra elas dirixidos. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta carece de recurso en atención á súa contía (artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social), polo que unha vez notificada quedará firme en dereito».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Danigal, S.A., expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial