Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (853/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de María Begoña Lemos Malvar contra Autotécnicas TRV, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 853/2009, se acordou notificar a Autotécnicas TRV, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza:

«Decido.

Que estimando a demanda interposta por María Begoña Lemos Malvar contra a empresa Autotécnicas TRV S.L., se condena esta última a que lle aboe a M.ª Begoña Lemos Malvar, a cantidade de tres mil oitocentos noventa e un euros e setenta céntimos (3.891,70 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e que fronte a ela cabe formular recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición perante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, e poderá substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Autotécnicas TRV, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial