Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 905/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 905/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 905/2011 seguidos por instancia de Marian-George Rucsanda, asistido polo letrado Sr. Pozzo-Citro Comesaña, contra a empresa Demoliciones Expósito, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Marian-George Rucsanda, asistido polo letrado Sr. Pozzo-Citro Comesaña, contra a empresa Demoliciones Expósito, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 4.129,99 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos supostos previstos no artigo 33 do ET. Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Demoliciones Expósito, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial