Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (57/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 57/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (de reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 57/2010, sendo demandantes José Manuel Chouciño Sánchez, Manuel García Pol e Maximino Suárez Caramés, representados polo letrado Sr. Pérez López, e demandada a empresa Promociones Batiola, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Manuel Chouciño Sánchez, Manuel García Pol e Maximino Suárez Caramés contra a empresa Promociones Batiola, S.L., e en consecuencia, condeno esta última a aboar a José Manuel Chouciño Sánchez a cantidade de 10.062,68 euros, a Manuel García Pol a suma de 10.048,98 euros, e a Maximino Suárez Caramés a cifra de 11.471,11 euros, que lles debe, cantidades estas que deberán incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Promociones Batiola, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial