Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (64/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 64/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 64/2010, sendo demandante Rubén Garitaonaindia Expósito, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Rubén Garitaonaindia Expósito contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Rubén Garitaonaindia Expósito a cantidade de 1.620,35 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Piedras Rústicas Gallegas, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial