Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva e por prezo unitario de mobiliario de oficina para os órganos xudiciais en Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, bloque n.º 1, 2.º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 78 22.

5) Telefax: 981 54 42 39.

6) Correos electrónicos: maria.blanco.aller@xunta.es

manuel.perez.gonzalez@xunta.es

rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17337

8) Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SUXU 05-CH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario de mobiliario de oficina para os órganos xudiciais en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes. O número de unidades están indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de execución/entrega: as sedes dos órganos xudiciais de Galicia indicados no anexo A do prego de prescricións técnicas ou en calquera outro xulgado de nova creación durante a vixencia do contrato.

e) Prazo de entrega: trinta (30) días desde a petición por parte da consellería (Dirección Xeral de Xustiza).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 39130000-2. Mobles de oficina; punto 5.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 11 da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 84.752,08 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 84.752,08 euros.

IVE (18%): 15.255,37 euros.

Orzamento total: 100.007,45 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do orzamento base de licitación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas, terá que constituírse unha garantía definitiva do 10% do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1) Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2) Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano bloque 1, 2.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza