Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1061/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1061/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1061/2009, sendo demandante André Filipe Teixeira Alves, asistido polo letrado Sr. Puñal Souto, e demandados Juan Manuel Pazos Vázquez, Mónica Fernández Castro e a empresa Instalaciones Miño, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por André Filipe Teixeira Alves contra a empresa Instalaciones Miño, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a André Filipe Teixeira Alves a cantidade de 1.554,03 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Do mesmo xeito, debo absolver e absolvo a Juan Manuel Pazos Vázquez e a Mónica Fernández Castro de cantas pretensións se dirixiran contra estes en méritos deste procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Instalaciones Miño, S.L., Juan Manuel Pazos Vázquez e Mónica Fernández Castro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial