Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (857/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 857/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Galiñanes García contra a empresa Dygra Films, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

«Que admitindo as demandas interpostas polo demandante, Juan Ramón Galiñanes García, contra a empresa Dygra Films, S.A.:

– Debo declarar e declaro a extinción da relación laboral que o unía coa empresa Dygra Films, S.A. na data da presente resolución.

– Declaro, pola súa vez, a improcedencia do despedimento, e condeno a empresa a que lle aboe ao demandante a suma de 30.623,78 euros en concepto de indemnización, máis 9.666,58 euros por salarios de tramitación.

– Condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 33.833,33 por salarios e outros conceptos impagados, máis o 10% por demora no pagamento desta, e condeno a demandada a estar e pasar por esta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade. E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto e a comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Dygra Films, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial