Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14318

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (899/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 899/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Mosquera Mañana e María Élida Blanco Mosquera contra a empresa Casona Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou auto de aclaración de sentenza, polo que queda redactada a resolución da seguinte forma:

«..Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Miguel Ángel Mosquera Mañana e María Élida Blanco Mosquera, contra a entidade Casona Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Casona Coruña, S.L., a que lles aboe aos demandantes as cantidades que se especificarán, polos salarios correspondentes a xuño e xullo de 2011 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

A Miguel Ángel Mosquera Mañana, a cantidade de 2.699,86 euros.

A María Élida Blanco Mosquera, a cantidade de 2.663,01 euros».

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo de que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación á empresa Casona Coruña, S.L., en paradoiro descoñecido expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado