Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (204/2011).

N.º autos: execución de títulos xudiciais 204/2011.

Demandante: Carlos Dopacio López.

Avogada: Teresa Burgo García.

Demandada: Talleres Unimar, S.L.A.

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 204/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Dopacio López contra a empresa Talleres Unimar, S.L.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Carlos Dopacio López coa empresa Talleres Unimar, S.L., e condénase esta ao pagamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Carlos Dopacio López.

Indemnización: corenta e seis mil setecentos corenta e oito euros con cincuenta e sete céntimos.

Salarios: catorce mil seiscentos vinte e seis euros con vinte e tres céntimos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se tratar de emprazamento.

Lugo, 27 de marzo de 2012.

O secretario xudicial