Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (489/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento Demanda 489/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, vinte de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 489/2009 seguidos por instancia de Manuel Gómez Rodríguez, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez contra a empresa Gallega de Calidad Telecom, S.L. en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Manuel Gómez Rodríguez, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez contra a empresa Gallega de Calidad Telecom, S.L. en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.546,99 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no art. 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (art. 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Gallega de Calidad Telecom, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial