Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 1039/2011, do 3 de novembro de 2011, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 3 de novembro de 2011, pronunciou a sentenza n.º 1039/2011, ditada no procedemento ordinario n.º 4752/2007, interposto por María Ramos Quintas, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por María Ramos Quintas contra as ordes do 3.10.2007 e do 1.9.2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes sobre, respectivamente, aprobación definitiva parcial e aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago de Compostela, e anulamos, por ser contrario a dereito, o artigo 150 do plan aprobado no que se refire ao polígono P-11 Castiñeiriño, ao tempo que declaramos que os predios que se indican no feito primeiro da demanda deben ser clasificadas como solo urbano consolidado. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

M.ª Encarnación Díaz Rivas
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo