Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), situado no concello de Muxía (A Coruña) e promovido por Desarrollos Eólicos, S.A. (expediente IN661A 9/2004).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 39, do 24 de febreiro de 2012, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 6915, despois do «RESOLVO:», no punto segundo, onde di:

– «23 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 67/80 m de altura e rotores de 80 m de diámetro».

Debe dicir:

– «23 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 67/78 m de altura e rotores de 80 m de diámetro».