Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 16 de abril de 2012 Páx. 13548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 15150014/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención 15150014/2012. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase o interesado de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 15150014/2012.

Interesado: José Manuel Pérez Barros.

Último domicilio coñecido: Celas, 7-15189 Culleredo (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada no artigo 7 da Orde do 27 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2012.