Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1274/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 4 da Coruña, mediante este anuncio:

Na presente demanda número 1274/09 seguida por instancia de Carlos Sieira Vázquez fronte a Instalaciones Miño, S.L., sendo parte o Fogasa, ditouse sentenza número 159/2012, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1274/2009, sendo demandante Carlos Sieira Vázquez, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Instalaciones Miño, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera».

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Carlos Sieira Vázquez contra Instalaciones Miño, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Carlos Sieira Vázquez a cantidade de 4.176,16 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma á mercantil Instalaciones Miño, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial