Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1403/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1403/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1403/2009, en que foi demandante Estefanía Fernández Trigo, representada polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandadas as empresas Tenascar, S.L. e Glencare, S.A., representadas pola letrada Sra. Costoya Novo. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Estefanía Fernández Trigo contra Glencare, S.A. e Tenascar, S.L. e, en consecuencia, condeno a estas últimas a aboar solidariamente a Estefanía Fernández Trigo a cantidade de 2.707,37 euros, e a empresa Tenascar, S.L. a aboarlle a cantidade de 3.419,60 euros que lle deben.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Tenascar, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial