Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1260/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, mediante este anuncio:

Na demanda número 1260/2009 seguida por instancia de Miguel Ángel Carro Moar fronte a Eurocomercial Decap, S.L., sendo parte o Fogasa, ditouse sentenza número 160/2012, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1260/2009, sendo demandante Miguel Ángel Carro Moar, asistido polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa Eurocomercial Decap, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Miguel Ángel Carro Moar contra Eurocomercial Decap, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Miguel Ángel Carro Moar a cantidade de 1.684,45 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma a Eurocomercial Decap, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial