Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (216/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario número 216/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Míguez Couselo contra a empresa Viproga, S.A. e Neumáticos Tino, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

“Sentenza n.º 65/12.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos n.º 216/2011, promovidos ante este Xulgado do Social sobre reclamación de cantidade por instancia de José Míguez Couselo, asistido da letrada María del Consuelo García Sánchez, contra Viproga, S.A., que non comparece, Neumáticos Tino, representado polo Sr. Vidal Viñas e asistido pola letrada María Elisa Sacido Pérez, estando citado o Fogasa, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por José Míguez Couselo contra Viproga, S.A. e condeno esta última a aboarlle ao demandante 1.449,63 euros máis o xuro previsto no artigo 29.3 do ET, e condeno o Fogasa a estar e a pasar por esta resolución.

Desestimo a demanda contra Neumáticos Tino.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenza e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación a Viproga S.A., expido e asino o presente.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial