Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1395/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no despedimento número 1395/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Luis Paulos Campos contra a empresa A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 66/2012.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver estes autos n.º 1395/2011, promovidos ante este Xulgado do Social sobre extinción contractual e acción acumulada de despedimento por instancia de José Luis Paulos Campos, asistido da letrada María José Liste López contra 10 Ideas Espacio Arquitecturas Intern. Designer, S.L., que non comparece, o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a acción principal de extinción do contrato de traballo e, en consecuencia, declaro extinguido na data da presente resolución o contrato de traballo que unía a José Luis Paulos Campos coa empresa 10 Ideas Arquitecturas Intern. Designer, S.L., por causa imputable á empresa e condeno esta última a aboarlle ao demandante en concepto de indemnización 1.680,66 euros, todo iso con desestimación da acción de despedimento e condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación a A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., expido e asino o presente edicto.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial