Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12710

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de información pública.

Aprobado incialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por acordo do pleno do 16 de marzo de 2012, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas en aqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento coas novas determinacións que supoñan a modificación de ordenación urbanística vixente.

Non obstante, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento de conformidade co previsto no artigo 120 do Regulamento de planeamento. A duración máxima da suspensión é de dous anos e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Non obstante, a suspensión de licenzas non afectará ás solicitudes de licenzas de obra menor relativas a mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso prexistente, que no seu caso se outorgarán sen dereito a indemnización e sen prexuízo da obtención doutras autorizacións.

Monterroso, 19 de marzo de 2012.

Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde