Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública relativo a unha torre anemométrica (expediente A.I.A. AC-138/11).

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º AC-138/11-5463, que se tramita neste concello por instancia de Sistemas Energéticos Cabanelas, S.A.U., para a instalación dunha torre anemométrica no parque eólico de Cabanelas, no monte Sete Fontes (Quintillán), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto, que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG). O expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que achen oportunas.

Forcarei, 14 de marzo de 2012.

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa