Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública relativo ao Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico do Concello de Tui.

Aprobación inicial do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (Pepcha).

Aprobado inicialmente o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico do Concello de Tui (Pepcha), pola Xunta de Goberno local, na sesión celebrada o 22 de marzo de 2012, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da seguinte publicación no Diario Oficial de Galicia, para a formulación de alegacións e reclamacións; queda de manifesto o expediente no Concello de Tui, sala de concelleiros anexa ao salón de plenos, en horario de atención ao público.

De conformidade co disposto no acordo de aprobación inicial, quedan suspendidas as licenzas urbanísticas, nos seguintes ámbitos e de acordo coas seguintes determinacións:

– Outorgamento de licenzas de obras de mellora, rehabilitación e consolidación, agás as de mera conservación e as necesarias para o mantenemento do uso preexistente nas parcelas en que o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico aprobado inicialmente estableza a seguinte ordenación:

a) Volume fóra de ordenación.

b) Cuberta fóra de ordenación.

c) Xardín de bordo.

d) Xardín interior.

e) Patio interior.

– Outorgamento de licenzas nas parcelas en que o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico aprobado inicialmente estableza a seguinte ordenación:

a) Volume novo.

b) Volume de reposición.

– Outorgamento de licenzas de obras de mellora, rehabilitación e consolidación, agás as de mera conservación e as necesarias para o mantenemento do uso preexistente nas parcelas que o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico aprobado inicialmente estableza ámbitos de reforma interior:

a) Polígono P1.

b) Polígono P2.

c) Polígono P3.

d) Polígono P4.

e) Polígono P5.

f) Polígono P6.

– Outorgamento de licenzas nas parcelas en que o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico aprobado inicialmente sitúe espazos viarios, equipamentos, dotacións ou espazos libres non previstos na normativa vixente.

– Outorgamento de licenzas urbanísticas nos edificios e bens que se inclúan no catálogo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico aprobado inicialmente, excepto aquelas obras que autoricen simultaneamente o PXOM vixente e o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico aprobado inicialmente segundo o nivel de catalogación que corresponda.

Tui, 26 de marzo de 2012.

Moisés Rodríguez Pérez
Alcalde presidente