Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12713

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN pola que se actualizan as tarifas máximas do servizo portuario de practicaxe.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría, do 23 de febreiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

• Autorizar a actualización das tarifas máximas do Servizo Portuario de Practicaxe, aprobadas polo Acordo do Consello de Administración con data do 1 de febreiro de 2011, que se incrementan na mesma proporción que o IPC interanual (nov. 2010 – out. 2011), un 2,5% de acordo coa publicación do Instituto Nacional de Estatística. Este incremento será aplicable desde o 1 de xaneiro de 2012 e ata a data de outorgamento de nova licenza, a partir da cal se aplicarán as tarifas recollidas nela.

O dito acordo está publicado no seguinte enderezo: www.portovilagarcia.es e exposto no taboleiro de anuncios desta autoridade portuaria.

Vilagarcía de Arousa, 27 de febreiro de 2012.

Sagrario Franco Malvar M.ª Celeste Muñiz Otero
Presidenta da Autoridade Portuaria Secretaria da Autoridade Portuaria
de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría