Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12714

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

ANUNCIO de outorgamento da licenza L-0017 a Amarradores de Villagarcía, S.L.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría, na súa sesión ordinaria do 23 de febreiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Outorgar a Amarradores de Villagarcía, S.L. a licenza L-0017, para a prestación do servizo portuario de amarre e desamarre de buques no porto de Vilagarcía, na cal están recollidas as tarifas máximas do citado servizo.

As devanditas tarifas atópanse publicadas no seguinte enderezo: www.portovilagarcia.es e están expostas no taboleiro de anuncios desta Autoridade Portuaria.

Vilagarcía de Arousa, 2 de marzo de 2012.

Sagrario Franco Malvar

M.ª Celeste Muñiz Otero

Presidenta

Secretaria