Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12715

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da presidenta do Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de traballo de campo e depuración da operación Enquisa do turismo en destino de Galicia.

O Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IET Galicia).

b) Número de expediente: CIETG/ETDG2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: prestación do servizo de traballo de campo e depuración da operación «Enquisa do turismo en destino de Galicia».

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: ata o 28 de febreiro de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non harmonizado.

4. Valor estimado do contrato e orzamento máximo de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 84.745,76 euros (sen IVE).

b) Orzamento máximo de licitación:

– Prezo: oitenta e catro mil setecentos corenta e cinco euros e setenta e seis céntimos de euro (84.745,76 euros), IVE excluído.

– Importe do IVE (18%): quince mil doscentos cincuenta e catro euros e vinte e catro céntimos de euro (15.254,24 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.

b) Enderezo: Rúa do Vilar 30-32, 1.º esquerda.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 981 93 57 91.

e) Fax: 981 93 56 43.

f) Correo electrónico: admin@ietgalicia.com

g) Enderezo da internet do perfil de contratante onde se poden obter os pregos relativos a esta contratación:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17344

http://www.ietgalicia.com

h) Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán cumprir os requisitos de solvencia establecidos na cláusula E da folla de especificacións do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15.º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se ten que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares, na folla de especificacións e no prego de prescricións técnicas.

c) Modalidade e lugar de presentación: en sobres pechados, na sede do IET Galicia, rúa do Vilar 30-32, 1.º esquerda, 15705 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 93 56 43) no mesmo día.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos puntos 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e lugar: unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, farase público no perfil do contratante o lugar, a data e a hora de apertura das ofertas.

b) Data e hora: a apertura pública das ofertas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre C.

Se por algún motivo houber que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil do contratante o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos de anuncios: os anuncios que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

Carmen Pardo López
Presidenta do Consorcio Instituto de Estudos Turísticos de Galicia