Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1275/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 4 da Coruña fago saber que nos autos rexistrados co número 1275/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1275/2009, sendo demandante José Antonio Díaz Atanes, asistido pola letrada Sra. Liñares Lema, e demandada a empresa Montrove Diversión, S.L.U., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo admitir e admito a demanda interposta por parte de José Antonio Díaz Atanes contra Montrove Diversión, S.L.U. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a José Antonio Díaz Atanes a cantidade de 1.291,94 euros que debe, cantidade, esta, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselle a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Montrove Diversión, S.L.U., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial