Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1020/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos autos rexistrados co número 1020/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, en funcións, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1020/2009, en que foi demandante Eladio Lema Cundíns, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandadas as empresas Cruceiro Ebanistería, S.L. e Desarrollos Urbanísticos Fonte do Fraile, S.L., da mesma maneira, citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Eladio Lema Cundíns contra Cruceiro Ebanistería, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Eladio Lema Cundíns a cantidade de 2.642,68 euros que lle debe, esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10%.

Da mesma maneira, debo acordar e acordo o sobresemento deste procedemento no que se refire á acción interposta contra Desarrollos Urbanísticos Fonte do Fraile, S.L, por desistencia.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Cruceiro Ebanistería, S.L., e a Desarrollos Urbanísticos Fonte do Fraile, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado