Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1254/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos autos rexistrados co número 1254/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1254/2009, en que foi demandante Michael Antoine Marcel Roelli Chapuis, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandadas as empresas Tubystal Norte, S.L. e Aplitubo, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Michael Antoine Marcel Roelli Chapuis contra Tubystal Norte, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Michael Antoine Marcel Roelli Chapuis a cantidade de 3.472,17 euros que lle debe.

Da mesma maneira, debo acordar e acordo o sobresemento deste procedemento no que se refire á acción interposta contra Aplitubo, S.L, por desistencia.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Tubystal Norte, S.L. e a Aplitubo, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado