Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1348/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1348/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, en funcións, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1348/2009, sendo demandante María Jesús Valín Vilaboa, representada polo letrado Sr. Puga Trigás, e demandada a empresa Tenascar, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de María Jesús Valín Vilaboa contra Tenascar, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboarlle a María Jesús Valín Vilaboa a cantidade de 4.384,39 euros que debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación a Tenascar, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial