Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1262/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de refuerzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña fago saber que nos autos rexistrados co número 1262/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (refuerzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1262/2009, sendo demandante María Julia Pardo Galve, asistida pola letrada Sra. Otero Rodríguez, e demandada a empresa Pregaleys, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de María Julia Pardo Galve contra Pregaleys, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboarlle a María Julia Pardo Galve a cantidade de 7.269,70 euros que debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Ana Rodríguez Piorno, asinado.

Publicada no día da súa data».

E para que sirva de notificación a Pregaleyf, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, trece de marzo de dous mil doce.

A secretaria xudicial