Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (55/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos número 55/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 55/2010, sendo demandante Paulo Vázquez Méndez, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandados a empresa Protelba Siglo XXI, S.L. e a Administración Concursal de Protelba Siglo XXI, S.L., comparecida a través do administrador concursal Alfredo Rodríguez Rodríguez, así como o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Paulo Vázquez Méndez contra a empresa Protelba Siglo XXI, S.L. e contra a Administración Concursal de Protelba Siglo XXI, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa citada a aboarlle a Paulo Vázquez Méndez a cantidade de 133,14 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno, asinado.

Publicada no día da súa data».

E para que sirva de notificación a Protelba Siglo XXI, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial