Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1209/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos autos rexistrados co número 1209/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1209/2009, en que foi demandante Susana Álvarez Vaamonde, asistida polo letrado Sr. Casas Estévez, e demandada a empresa Red House Trading, S.L., da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Susana Álvarez Vaamonde contra Red House Trading, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Susana Álvarez Bahamonde a cantidade de 1.197,68 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Red House Trading, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado