Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12116

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1187/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña.

Fago saber que no proceso seguido por instancia de Francisco Villar Lema contra Cunicultura Gallega, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1187/2009, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, 22 de febreiro de 2012.

Luis Carlos Mariana Niño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, en substitución do Xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Francisco Villar Lema, que comparece asistido polo letrado David Pena Díaz, e doutra como demandado Cunicultura Gallega, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Que considerando a demanda formulada por Francisco Villar Lema contra a empresa Cunicultura Gallega, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 4.324,70 € que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado, co número 1533.0000.65.1187.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1187.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación a Cunicultura Gallega, S.L., expídese o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de marzo de 2012.

O secretario xudicial