Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12115

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (392/2007).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que na Resolución ditada o día 20.2.2012 no proceso seguido por instancia de Raquel Louro González contra o INSS, TXSS, Mutua Asepeyo e Biolimpiezas Integrales, S.L., en reclamación por incapacidade temporal, rexistrado co número 392/2007, se acordou notificarlle á empresa Biolimpiezas Integrales, S.L. a seguinte sentenza:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Raquel Louro González contra a Mutua Asepeyo, INSS, TXSS e Biolimpiezas Integrales, S.L., debo declarar e declaro que a base de cotización que se debe ter en conta para aboar a IT derivada de accidente de traballo iniciada o día 6.10.2003 ascende a 903,76 €, e condeno os demandados a estar e a pasar por tal declaración e ás súas consecuencias, e debo condenar e condeno a Mutua Asepeyo a aboar á demandante 7.098,59 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Biolimpiezas Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial