Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12129

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (229/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 229/2011, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos número 229/2011, promovidos por instancia de Eduardo Astorgano Gómez, representado polo seu letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Alianco Contratas y Canteras, S.L., que non comparece no acto do xuízo, tendo sido citado e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Eduardo Astorgano Gómez, representado polo seu letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Alianco Contratas y Canteras, S.L., que non comparece no acto do xuízo, tendo sido citado e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 5.407,15 no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alianco Contratas y Canteras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial