Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (613/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 613/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o vinte e catro de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos n.º 613/2011, promovidos por instancia de Jorge Leis Rodríguez, representado polo seu letrado Sr. Naveira Couceiro e contra a empresa Utillajes Coruña,S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Jorge Leis Rodríguez, representado polo letrado Sr. Naveira Couceiro contra a empresa Utillajes Coruña, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.737,29 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no art. 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do Réxime Público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (art. 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Utillajes Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial