Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12127

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (645/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 645/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña o trece de febreiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos n.º 645/2011, promovidos por instancia de Antonio Pilar Mellado, representado polo seu letrado Sr. Pérez López e contra a empresa Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por Antonio Pilar Mellado, representado polo letrado Sr. Pérez López contra a empresa Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.446,16 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saner que en aplicación do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Reformas y Pinturas Afonso Moraes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial