Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, regulada na Orde do 29 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 6 de xuño), relativa aos expedientes TR347D 2007/49-2 e TR347D 2007/55-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 8 de marzo de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR347D 2007/49-2.

Nome: Norges Servicios de Valor, S.L.

DNI/NIF: B27344712.

Último enderezo coñecido: r/ Antonio Rosón n.º 2-1º A. 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante um período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 do anexo D da orde de convocatoria. Obrigas dos beneficiarios: manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

N.º de expediente: TR347D 2007/55-2.

Nome: Recambios Ceta, S.L.

DNI/NIF: B27032812.

Último enderezo coñecido: r/ Río Navia, 47. 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante um período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 do anexo D da orde de convocatoria. Obrigas dos beneficiarios: manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.