Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican dúas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante RXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as cales poderá interpoñerse reclamación previa á vía da xurisdición social, ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 9 de marzo de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Rita María Martínez Cuevas.

DNI: 77410239-J.

Número de expediente: 36/0000514-I/09.

Notificación: resolución de extinción do dereito á prestación social.

Motivo: traslado da residencia fóra do territorio español.

Nome e apelidos: Gualtiero Corriga, s/s.

NIE: X4452328B.

Número de expediente: 36/0001003-I/05.

Notificación: resolución de suspensión da prestación social.

Motivo: incumprimento da declaración anual.