Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Organización de Profesionales y Autónomos de Galicia (OPA Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Organización de Profesionais e Autónomos de Galicia (OPA Galicia), da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa dos intereses profesionais das persoas traballadoras autónomas e a protección social, xurídica e económica das súas persoas afiliadas.

Ámbito funcional: poderán asociarse todas aquelas persoas traballadoras autónomas incluídas no ámbito de aplicación do artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Asinantes da acta de constitución: José Antonio Fidalgo Torreira, Ana María Villanueva Bueno e Manuel Carballal Pose.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego