Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11855

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2012.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2012, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade, na xuntanza do 23 de febreiro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO
Acta da xuntanza da comisión paritaria do convenio colectivo
de residencias privadas da terceira idade

En Santiago de Compostela, ás once horas do día vinte e tres de febreiro de dous mil doce, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que se sinalan abaixo.

– Representación empresarial:

Lucía del Campo Redondo (Agarte-asesora).

Eva Jove González (Agarte).

Laura González Nieves (Acolle).

Natalia Zabaleta Rodríguez (Acolle).

José M.ª Pazos Seco (Agarte).

José Félix Valderrey de la Huerga (Agarte-asesor).

– Representación social:

- CIG:

Paulo Paio Rubido Bará.

Xavier Vázquez López.

- UGT-Galicia:

Belén Muñiz Caamaño.

Sonia Outón Casal.

Javier Martínez Fente.

As cuestións obxecto desta xuntanza son:

1. Revisión salarial correspondente ao ano 2012, segundo o sinalado no artigo 5 do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade.

2. Establecemento dos criterios que regularán o disposto na cláusula adicional segunda do convenio colectivo.

3. Analizar a consulta dirixida a esta comisión paritaria por Eliseo Rivas Pernas, en calidade de secretario xeral de FSP-UGT Lugo.

Logo do oportuno debate sobre as cuestións obxecto desta xuntanza, procede reflectir na acta o seguinte:

1. A comisión paritaria acorda a revisión salarial deste convenio relativa ao ano 2012, conforme as táboas que se xuntan como anexo a esta acta.

Así mesmo, delegan no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación das anteditas táboas ante a autoridade laboral.

Ao respecto delas, a representación empresarial presente na comisión manifesta que a revisión se efectúa en virtude do establecido na sentenza do TSXG que está impugnada ante o Tribunal Supremo, polo que, respecto ao incremento pactado, esta parte considera que se deberá observar o que finalmente decida o Tribunal Supremo.

2. Establecemento dos criterios que regularán o disposto na cláusula adicional segunda do convenio colectivo.

Esta comisión acorda que tales criterios son: as empresas concertarán un seguro polo importe de 12.020,24 euros, para os casos de morte ou invalidez definitiva (non revisable), derivadas de accidente laboral para todos e cada un dos traballadores afectados por este convenio, conforme acordou a comisión paritaria na súa xuntanza do 10 de febreiro de 2012.

3. Ao respecto da consulta formulada por Eliseo Rivas Pernas, en calidade de secretario xeral de FSP-UGT Lugo, relativa á administración de inxeccións de insulina e heparina por parte de traballadores/as que teñan a categoría de xerocultor/auxiliar de clínica, a representación empresarial entende que esta cuestión xa está resolta pola sentenza do Tribunal Supremo de xullo de 2010 e non debe ser obxecto de tratamento por esta comisión.

A representación de UGT, ao respecto, manifesta a súa desconformidade con este punto.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás doce e trinta horas do día sinalado no encabezamento e esténdese para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

Táboas salariais 2012. Convenio terceira idade de Galicia

Categorías profesionais

Salario base 2011

Salario base 2012

Asistencia

Complemento domingos

Festivos especiais

S.B. 2011 + 2,4%

Grupo A)

Administrador/a

1.589,72 €

1.627,87 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Xerente, director/a

1.589,72 €

1.627,87 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Médico

1.324,77 €

1.356,56 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Técnico superior

1.324,77 €

1.356,56 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Grupo B)

Supervisor, socio asistencial

1.059,77 €

1.085,20 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

ATS/DUE

1.059,77 €

1.085,20 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Traballador/a social

1.059,77 €

1.085,20 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Fisioterapeuta

1.059,77 €

1.085,20 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Terapeuta ocupacional

1.059,77 €

1.085,20 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Titulado/a

1.059,77 €

1.085,20 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Grupo C)

Gobernante/a

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Oficial de mantemento

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Oficial administrativo

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

TASOC

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Condutor/a

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Xardineiro/a

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Grupo D)

Xerocultor/a-Auxiliar de enfermaría

853,16 €

873,64 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Cociñeiro/a

837,24 €

857,33 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Auxiliar de mantemento

837,24 €

857,33 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Auxiliar administrativo

837,24 €

857,33 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Camareiro/a de planta

837,24 €

857,33 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Animador/a sociocultural

837,24 €

857,33 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Porteiro/a de recepción

837,24 €

857,33 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Grupo E)

Lavand.-pasador/a de ferro

777,10 €

795,75 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Auxiliar de cociña

777,10 €

795,75 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €

Limpador/a

777,10 €

795,75 €

69,05 €

8,30 €

32,34 €