Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11859

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, nomeado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 26 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 e pola Orde do 16 de novembro de 2011, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, acordou, de conformidade co establecido nos puntos II.1.1.3 e II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 17 de abril de 2012, nas aulas 2, 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid n.º 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

M.ª José García Sexto
Presidenta do tribunal