Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 13 de marzo de 2012, do Servizo de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 29 de decembro de 2011, ditada no expediente sancionador de Lugo LU-15/2011, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á interesada que deseguido se relaciona a resolución da Xefatura do Servizo de Turismo de Lugo, ditada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-15/2011, incoado ao titular do establecemento de café bar denominado O Xardín, situado na avenida de Lugo s/n, do concello de Monterroso (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que achen oportuno.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste servizo. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Expediente: LU-15/2011.

Denunciada: Mónica Fernández Sobrado.

Establecemento: café bar O Xardín.

Enderezo: avenida de Lugo, s/n.

Localidade: Monterroso.

Feito denunciado: carecer de cartel anunciador e das follas de reclamacións.

Precepto infrinxido: artigo 23, apartado f), da Lei 14/2008.

Tipificación da infracción: artigo 69.a).5 da Lei 14/2008.

Resolución: 29 de decembro de 2011.

Sanción: trescentos euros (300 €).

Lugo, 13 de marzo de 2012.

Paloma Vázquez Fernández
Xefa do Servizo de Turismo de Lugo