Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial RP/11/00460, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial RP/11/00460 devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que se transcribe definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal. Todo isto sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar recurso de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Reclamante: Salvador Criado Rodríguez; expediente: RP/11/00460; tipo de resolución: estimatoria.

E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas