Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Secretaría Territorial de Lugo, pola que se notifica un prego de cargos de expediente disciplinario.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xa que intentada a notificación á interesada que se indica a continuación en dúas ocasións non se puido practicar, notificáselle o prego de cargos do expediente disciplinario:

Expediente: disciplinario.

Interesada: María Celia González Vázquez.

DNI: 33860964-L.

Data do prego de cargos: 29 de marzo de 2012.

O que se lle notifica á interesada en cumprimento do artigo 23 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 157/2004, do 7 de xullo, polo que se modifica o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, comunicándolle que dispón dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste prego de cargos, para que poida contestalo coas alegacións que considere convenientes para a súa defensa e coa de cantos documentos considere de interese.

Así mesmo, de acordo co precepto anteriormente referido, neste trámite e no mesmo prazo poderá solicitar, se o considera conveniente, a práctica das probas que para a súa defensa crea necesarias.

Lugo, 22 de marzo de 2012.

Marco Antonio Fernández Piñeiro
Secretario territorial de Lugo