Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11619

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

ORDE do 15 de marzo de 2012 pola que se establecen os límites máximos das tarifas que percibirán as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas.

O texto refundido da Lei de augas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 2 de xullo, impón ás persoas titulares de autorizacións de verteduras a obriga de informar a Administración hidráulica, periodicamente e nos prazos que regulamentariamente se establezan, acerca das condicións en que se realizan as ditas verteduras. A finalidade do establecemento desta obriga é a de facilitar o control permanente das devanditas autorizacións por parte da Administración, de xeito que permita verificar que as instalacións de depuración e demais elementos son adecuados ás normas e obxectivos de calidade das augas previamente establecidos.

O 4 de outubro de 2010 publicouse o Decreto 162/2010, do 16 de setembro, polo que se regulan as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas.

A disposición adicional segunda do citado Decreto 162/2010 establece que a Administración deberá establecer os límites das tarifas que percibirán as entidades colaboradoras polo exercicio das funcións e actividades que desempeñen no ámbito do citado decreto.

Esta orde ten por obxecto, consonte o exposto, desenvolver a previsión contida na citada disposición adicional segunda, establecendo os límites máximos das tarifas que percibirán as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e a disposición derradeira primeira do Decreto 162/2010, do 16 de setembro, xa citado,

DISPOÑO:

Artigo 1. Establecemento de límites máximos.

A presente orde ten por obxecto establecer os límites máximos das tarifas que percibirán as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas pola prestación dos seus servizos realizados dentro do ámbito de actuación regulado no Decreto 162/2010, do 16 de setembro, polo que se regulan as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas.

Os ditos límites máximos serán os que figuran no anexo único desta orde.

Artigo 2. Actualización de límites e impostos.

1. Os límites das tarifas poderán experimentar cada ano a variación que tivese o índice de prezos de consumo xeral de Galicia do ano natural inmediatamente anterior.

2. Os límites das tarifas indicadas no anexo non inclúen o importe do imposto sobre o valor engadido.

Artigo 3. Comunicación das tarifas.

As tarifas fixadas por cada entidade colaboradora, así como as súas variacións, deberán comunicarse previamente e de xeito fidedigno á Administración hidráulica de Galicia.

Disposición adicional. Actualización de prezos e parámetros.

1. Facúltase a persoa titular da dirección de Augas de Galicia para actualizar os prezos que se recollen no anexo segundo a variación do índice de prezos de consumo xeral de Galicia.

2. Facúltase a persoa titular da dirección de Augas de Galicia para actualizar ou modificar a listaxe de parámetros e prezos incluída no anexo, en función das exixencias legais en materia de control de verteduras e de calidade das augas.

3. As resolucións que se diten en execución do disposto nesta disposición adicional deberán ser publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO ÚNICO

Prezos máximos das tarifas que percibirán as entidades colaboradoras da Administración hidráulica de Galicia en materia de control de verteduras e calidade das augas pola prestación dos seus servizos realizados dentro do ámbito de actuación regulado no Decreto 162/2010.

1. Entidade colaboradora da Administración (ECA) en materia de inspección:

1.1. Inspeccións.

Concepto

Unidades

Importe

Técnico/a inspector/a cualificado/a

€/h

45,00

Auxiliar de inspección

€/h

30,00

Desprazamento

€/km

0,35

Media axuda de custos

€/persoa e día

20,00

Axuda de custos completa

€/persoa e día

100,00

Emisión de informe

unidade

45,00

1.2. Toma de mostras.

Concepto

Unidades

Importe

Técnico/a inspector/a cualificado/a

€/h

45,00

Auxiliar de inspección

€/h

30,00

Desprazamento

€/km

0,35

Media axuda de custos

€/persoa e día

20,00

Axuda de custos completa

€/persoa e día

100,00

Emisión de informe

unidade

25,00

Xestión de mostras *

€ persoa e día

25,00

* este concepto só será aplicable para mostras cun número de parámetros para analizar menor ou igual a 3.

2. Entidade colaboradora da Administración (ECA) en materia de ensaios:

2.1. Listaxe de parámetros de ensaio:

2.2. Toma de mostras:

Concepto

Unidades

Importe

Auxiliar de inspección

€/h

30,00

Desprazamento

€/km

0,35

Media axuda de custos

€/persoa e día

20,00

Axuda de custos completa

€/persoa e día

100,00

Emisión de informe

unidade

25,00

Xestión de mostras *

€ persoa e día

25,00

* ste concepto só será aplicable para mostras cun número de parámetros para analizar menor ou igual a 3.

missing image file