Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento e apertura de actividade para serradoiro de pedra no parque empresarial de Castiñeiras.

José Antonio Fernández Pérez solicitou ante esta alcaldía licenza municipal para acondicionamento e apertura de actividad para aserradeiro de pedra, no Parque Empresarial de Castiñeiras, parcela n.º 10A ”.

De acordo co sinalado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboeiro de anuncios do concello, co fin de que nese tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente, no concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións oportunas.

Bueu, 5 de xaneiro de 2012.

Félix Juncal Novas
Alcalde